PERCEBE (Pollicipes cornucopia)

Nome localPERCEBE
Descrición técnicaÉ un crustáceo cirrípedo da familia Scalpellidae que crece sobre rochas batidas pola ondada. Aliméntase por filtración, xa que, debido á súa carencia de extremidades, permanecen inmóbiles adherida ás rochas toda a súa vida adulta.
CaladoirosExplótase sobre todo dende Galicia e Asturias, Cantabria, País Vasco, Portugal, sendo a costa galega un dos mellores lugares para esta especie,
Técnicas de pescaRecóllese manualmente nas rochas situadas na zona intermareal das rías, acantilados, illas, etc., con risco considerable para os operarios, localmente chamados percebeiros
Portos / lonxas de descargaRibadeo, San Ciprán, O Barqueiro, Cariño e Cedeira.