Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en _menu_load_objects() (liña 579 de /home/customer/www/marina-ortegal.es/public_html/includes/menu.inc).
Deprecated function: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters en drupal_get_feeds() (liña 394 de /home/customer/www/marina-ortegal.es/public_html/includes/common.inc).

PORTO DE CARIÑO

DescriciónCariño é un pequeno porto pesqueiro natural refuxiado dentro da ría, a tres quilómetros ao norte da vila atópase o cabo Ortegal, un indescritible recanto, punto máxico e referente de todos os veciños. A longa praia da Concha con as súas dunas de extraordinaria beleza e o seu porto pesqueiro e de descarga de madeira entre outros, fan a primeira liña de costa. O feito socioeconómico máis relevante foi o establecemento na vila, a finais do século XVIII, de industriais cataláns dedicados á conserva. Este suceso marca o inicio do proceso de industrialización conserveira que terá os seus momentos álxidos nos séculos XIX e XX. Tamén no século XVIII, en resposta ás incursións piratas, constrúense garitas de vixilancia como as situadas no Limo e Herbeira, no actual límite entre os concellos de Cariño e Cedeira
LocalizaciónCariño
City HallCariño
Coordenadas43º 44' 16,34'' N 7º 51' 59,71'' W
Características de frotaCerco, baixura, bolanta, palangre.
Lonxa
Días de subastaDe luns a Venres.
Horarios de subastaAs 17:00 baixura, as 13:00 ou 18:30 cerco e as 22:00 percebe.
Principais especies subastadasPercebe, sardiña, xurelo, polbo, robaliza, xarda pintada, pescada, sargo, salmonete, ameixa fina.
Confraríar/ Fraga Iribarne 8 (15360), Cariño, A Coruña, tlf. 981 40 50 09 / FAX: 981 40 60 70, cofradia@cofradicarino.org
Qué facer en horario de actividadeVer como os barcos chegan a porto e descargan na lonxa.
Qué ver en horario sen actividadeVer labores de mantemento das embarcación así como dos aparellos en terra.