Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en _menu_load_objects() (liña 579 de /home/customer/www/marina-ortegal.es/public_html/includes/menu.inc).
Deprecated function: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters en drupal_get_feeds() (liña 394 de /home/customer/www/marina-ortegal.es/public_html/includes/common.inc).

Inicio

Ruta MariñeiraMargalaica, turismo mariñeiro

O Turismo Mariñeiro de Mar Galaica na Mariña - Ortegal

Para as xentes da Mariña- Ortegal o mar éo todo. Os seus costumes, o seu traballo, a súa gastronomía e o seu carácter conforman unha cultura e unha identidade propia.
Entre portos e praias transcorre o seu día a día. Os mariñeiros saen a faenar en busca de capturas e as mariscadoras nos areais coidan e manteñen os cultivos, constituíndo a actividade pesqueira o seu principal medio de vida.
Os mariñeiros ofrécenche a posibilidade de participar con eles nunha xornada de pesca e as mariscadoras permítenche acompañalas aos bancos de moluscos para que marisquees con elas por unhas horas.
A experiencia de sentir o mar da man dos seus protagonistas non te deixará indiferente. Un mundo de sensacións e emocións farán que vivas A Mariña- Ortegal intensamente.