PORTO DE CEDEIRA | |
Descrición | A vila de Cedeira está dividida en dous partes polo río Condomiñas. As rúas tradicionais conservan o trazado medieval, así como parte do antigo recinto amurallado. A praia da Magdalena ocupa toda a parte nova da vila mentres que o paseo marítimo que remata no porto está ocupado por terrazas e casas con belas galerías. No século XIII, o porto de Cedeira mantén relacións con outros portos alén dos mares. No século XVIII prodúcese un punto de inflexión. Levántase o fortín da Concepción como resposta escarmentada a un ataque inglés. Na segunda metade do XIX abrirase novos espazos urbanos, a custa do mar. Funcionarán novas fábricas de salgadura e cetarias. |
Localización | Cedeira |
City Hall | Cedeira |
Coordenadas | 43º 39' 28,20'' N 8º 4' 15,41'' W |
Características de frota | Baixura |
Lonxa | Sí |
Días de subasta | De luns a venres |
Horarios de subasta | De 15:30 a 20:00 |
Principais especies subastadas | Percebe, pescada, xuliana, polbo, cadelucha, pancho, sanmartiño, robaliza, sargo, berberecho. |
Confraría | Camiño da Area Longa, 1, 15350 Cedeira, A Coruña, Tlf: 981 480389 Lonxa: 981 480041 |
Qué facer en horario de actividade | Ver como os barcos chegan a porto e descargan na lonxa. |
Qué ver en horario sen actividade | Ver labores de mantemento das embarcación así como dos aparellos en terra. |