Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en _menu_load_objects() (liña 579 de /home/customer/www/marina-ortegal.es/public_html/includes/menu.inc).
Deprecated function: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters en drupal_get_feeds() (liña 394 de /home/customer/www/marina-ortegal.es/public_html/includes/common.inc).

PORTO DE CELEIRO

DescriciónVila pequena separada de Viveiro polo seu porto, a pequena praia acompañan as pequenas e pintorescas casas de pescadores. Actualmente é un dos portos pesqueiros máis importantes da cornixa cantábrica. Posúe unha frota pesqueira que opera por todo o planeta, concretamente na zona do Atlántico Norte, frota de grande-sole que ten como captura primordial a pescada do pincho dun modo puramente artesanal; a "pescada do pincho de Celeiro" incorporou o logotipo que a distingue como "Galicia Calidade", sendo o primeiro produto pesqueiro que alcanza tal distinción.
LocalizaciónCELEIRO
City HallVIVEIRO
Coordenadas43º 40´50 N 7º 35´50 W
Características de frotaFlota de Gran Altura - Palangre de superficie (Espadeiros que faenan no Indico e Pacífico) 7 unidades; Flota Comunitaria de Gran - Sole (augas CEE) 32 unidades, 23 de palangre de fondo (pincho), e 9 de arrastre de altura; flota de arrastre de litoral 7 unidades; cerco 3 unidades, volanta 1 unidade; baixura - artesanal 24 unidades; e marisqueo a flote (8 embarcacións) e a pé (4 persoas). En total contabilízanse 74 embarcacións pesqueiras con censo e porto base en Celeiro, todas elas afiliadas á confraría.
Tipo de embarcaciónsflota de gran altural(palangre de superficie), flota comunitaria cee (augas de gran sol), flota de arrastre de litoral, flota de cerco, flota de baixura – artesanal
Lonxa
Días de subastaDe luns a venres (ambos inclusive) nota: )
Horarios de subastaA 6:00 ( peixe da baixura e logo sigue coa altura e demais flotas); o peixe do cerco (pesca de superficie) subástase a partires das 7:00, de 7:30 a 00:00 horario de venda para a flota de arrastre.
Principais especies subastadasPescada do pincho, castañeta, estornino, bertorella, pota, xurelo, cabala, sardiña, coreano, lirio, cabra de altura, congrio, polbo… son as principais especies atendendo ao seu volume e valor na comercialización en lonxa.
ConfraríaConfraría de Pescadores “Santiago Apóstolo” de Celeiro C/ Praia nº 1 27863 Celeiro - Viveiro (Lugo). Tlf: 982 560 366 fax: 982 562856 patronmayor@cofradiaceleiro.com web: cofradiaceleiro.com
Porto deportivoPORTO DEPORTIVO DE VIVEIRO: 37º 35´5¨W 43º 40´N. dispón de 7 pantaláns, 113, calado en dársena: 2-6 m.; eslora máxima: 12 metros; capacidade de amarres/atraques: 225 unidades. Marina seca: 3.000 m2.
Qué facer en horario de actividadePódese visitar a lonxa, -previa autorización-, e asistir as subastas ou descargas do peixe, visitar os muelles norte e sur e ver así o funcionamento do porto e da flota.
Qué ver en horario sen actividadeEn Celeiro e doado visitar a praza do monumento ao náufrago que está mesmo o lado da confraría de pescadores e pasear pola rúa da Praia e tomar algo nos bares típicos da localidade. Recomendable visitar a calle Rúa Grande a principal rúa de Celeiro